De compras

Averdade que tenme desconcertado isto do “Black Friday”. Un invento que as grandes plataformas de internet pretenden estender ao conxunto do planeta, para que todo pase por elas en exclusiva.


Realmente, descoñezo cal é a ganancia para os negocios de proximidade nesta anarquía comercial. Dubido moito que sexan capaces de aguantar o desgaste ás que as están sometendo, por iso entendo perfectamente a “rebelión” do comercio pontevedrés e creo que o ferrolán gañaría se se sumaran á mesma.


Hai tamén unha “batalla cultural”. Acabar co consumidor tradicional para fomentar outro compulsivo que busque cousas que non necesita e a prezos que, en verdade, non son tan competitivos como nos presentan. Especialmente, por comprar neste mercado do “efémero”. De feito, todos sabemos de establecementos que gardan os produtos de temporada para ofertarnos do que levan anos sen poder desfacerse, legal pero de dubidosa ética.

De compras

Te puede interesar