Kit de supervivencia

hai moitas cousas que foron a máis nestes tempos da pandemia. Hai sectores políticos – económicos interesados en trasladar ao conxunto da sociedade unha situación permanente de medo. Restrinxir as liberdades individuais. Por iso están tan prestos a promover desde a extrema dereita ao odio contra das mulleres, aos sectores de clase traballadora ou moza con conciencia de seu...

Quizais unha das novidades sexa a dun suposto apagón eléctrico e algúns, levados dun sentimento de precariedade absoluta, pasaron de acumular papel hixiénico a mercar un kit de supervivencia en algunhas tendas de Ferrol e comarca. Ben polo comercio local, aí nada hai que dicir, só desexarlles que fagan bos negocios. Mais, para o conxunto da sociedade o mellor “kit de supervivencia” é o funcionamento dos servizos públicos, do estado social e democrático, do “estado de benestar”. O mundo vaise acabar, pero non será aínda.


Kit de supervivencia

Te puede interesar