Clarividencia

|

Eimpresionante a clarividencia do Secretario do PP Galego, ao sinalar que o rearme “ideolóxico” do PP debería preocupar ao Presidente do Goberno señor Pedro Sánchez. Mais coido que o Sr. Tellado quedouse un pouco curto na súa apreciación, pois en realidade somos todos os españois os que deberíamos estar , máis que preocupados, alarmados. E menos mal que o rearme só se refire ás ideas, pois non creo que pretenda asustar con outro tipo de armamento. En calquera caso, supoño que nas novas ideas atoparán a forma de acadar financiación para as súas actividades, sen ter que recorrer a métodos xa suficientemente “explotados” que tan bos resultados lles deron nun principio pero que tan caros están a lles saír aínda agora. Deséxolles sorte, polo ben do país, da Democracia e da política en Xeral, tan necesitada de bos exemplos, de boas formas, de respecto aos rivais e de máis traballo político en beneficio dos cidadáns.

Clarividencia