Un timo das eléctricas

A comercialización da enerxía eléctrica presenta unha morea de irregularidades que ten “ao persoal” nunha situación permanente de “cabreo hispánico” e máis aínda se o cabreo é “galaico”. Porque Galicia produce moita máis enerxía da que consume e a pagamos igual ou máis cara que noutras partes que non a producen e, porque esa produción ocasiona prexuízos noutros eidos económicos ou medio ambientais que ninguén compensa. Agora fálase de rebaixas dalgúns impostos, que afectarían por igual a todos os consumidores do Estado. Mais iso non só non abonda, se non que esquece a maior das irregularidades que, paréceme a min, é a da imposiciòn do “termo de potencia” no recibo, que non che permite escoller a potencia axeitada ás túas necesidades, senón que debes aturar cunha das que che ofrecen. Por exemplo, entre 15 amperios, que é o termo de potencia menor e os 20, que é o seguinte, non se pode elixir 18. Por outra banda, as necesidades de consumo varían moito de inverno a verano, mais se escollemos un termo para o inverno, teremos que pagalo todo o ano, malia que as nosas necesidades enerxéticas sexan moi inferiores. E como o citado termo é un dos sumandos máis fortes da factura, resulta que sempre pagaremos máis do que consumimos. E xa que logo, non será unha estafa, pero parece claro que é unha irregularidade. Ou non é? E xa que logo, vale que poñan un canon pola disponibilidade da potencia, pero que cobren en cada momento pola potencia consumida. Porque xa está ben home!!

Un timo das eléctricas

Te puede interesar