Camiños de ferro

O deseño das infraestruturas responde sempre aos intereses económicos, pero tamén ideolóxicos. Non é algo irrelevante, nin vén “porque agora tocaba”. Vén isto a conta porque os Verdes alemáns acaban de facer unha proposta para unir 200 cidades europeas con 40 liñas de ferrocarril e os seus pretendidos homólogos españois de “Más Madrid”, súmanse sen máis a esta proposta.


Basicamente, a proposta para a península exclúe ás comunidades de Cantabria, Asturias, Castela – León e Galicia e non respecta a decisión estratéxica do goberno portugués de priorizar o Eixo Atlántico, reforzando así o proxecto “aznariano” que buscaba o efecto aspiradora de recursos para Madrid, quebrado coa crise do 2008. Calquera tipo de integración territorial debe asumir a pluralidade peninsular. O corredor cantábrico e o eixo atlántico - con Ferrol de vértice - forma parte de todo proxecto de país que mereza tal nome.

Camiños de ferro

Te puede interesar