Caprichos

Seica se vai “reurbanizar” a rúa da Igrexa, segundo o proxecto dunha corporación anterior rexida por don Vicente Irisarri. Benvida sexa esta actuación, se realmente serve para mellorar en algo a vida dos ferroláns, mais nun principio, resulta que haberá a lo menos uns 125 prexudicados pola eliminación de prazas de estacionamento e, por outra banda, non se albisca como será a entrada ao “parking” do Cantón. É de supoñer que iso estará ben estudado e amañado. En calquera caso, como era de agardar, axiña xurdiu a polémica, pois a solución prevista para toda a rúa non é do gusto de todos e, xa houbo quen dixo que esa obra era un “capricho” do actual primeiro edil, señor Mato. A min non me parece moi descamiñada esa opinión, pois é notorio que a política deste concello móvese a impulsos dos caprichos dos sucesivos alcaldes. Lémbrese se non, o capricho de esbandallar as dúas avenidas, a de Vigo e a de El Rei, cun impresentable túnel, rebentando o proxecto do BNG; ou o capricho de derrubar as arcadas da Praza de España nas Casas Baratas, substituídas por un pendello tan horroroso que rematou por desaparecer sen ter sido inaugurado; ou o capricho da derruba do Bambú Club, deixando o patrimonio do Concello con seis vivendas e dous locais comerciais, menos; ou a desfeita da Praza de España; e así poderiamos seguir... Xa que logo, ¡¡capricho!! “díxolle a tixola ao pote”. A cousa non deixa de ter o seu aquel, non si?

Caprichos

Te puede interesar