A organización do Jazz de Ría, satisfeita co seguimento dos veciños nesta quinta edición

A organización do Jazz de Ría, satisfeita co seguimento dos veciños nesta quinta edición
Un dos concertos nocturnos en Freixeiro | jorge meis

Jazz de Ría mudaba a ubicación tradición de Ferrol na quinta edición do certamen e non foi mal a cousa nos novos emplazamentos de Narón y Neda, onde tiveron unha destacada acollida por parte dos asiduos pero tamén dos veciños destas localidades.

A organización do evento salientou que “un festival sae ben cando o resultado técnico e artístico é impecable, os horarios se cumpren, escóitanse os aplausos nas cadeiras e os agradecementos sinceros á organización enriba do escenario, pero sobre todo, cando as veciñas e veciños se achegan, o acollen, o disfrutan e o fan propio”. Esa capacidade de integrarse no territorio e achegar propostas excepcionais aos barrios e ás vilas, fai parte das boas prácticas culturais e da filosofía de sustentabilidade que o Jazz de Ría leva cultivando desde o comezo, como sinalan os organizadores.

A directora do certame, Aitana Cuétara, valorou esta edición asegurando que “os catro concertos conseguiron reunir non só aos aficionados ao jazz e aos incondicionais do festival, tamén a moito público de Narón e Neda que se achegou por primeira vez a este estilo e descubriu a súa maxia”. En canto á programación deste ano, a directora pensa que “houbo sorpresas, houbo estreas, houbo moito baile nas cadeiras, bises en todos os concertos e moitas persoas agradecidas que se achegaron a nós para felicitarnos”.

Cuétara lembrou que o certame foi a única oportunidade de ver á Orquestra Galega de Liberación este verán en Galicia, tamén serviu para coñecer temas do novo traballo de e será o novo traballo de Lucía Rey Trío e foi o lugar escollido por Baldo Martínez para presentar a estrea do seu espectáculo xunto ao Cuarteto da Terra. 

A organización do Jazz de Ría, satisfeita co seguimento dos veciños nesta quinta edición

Te puede interesar