Toni Acosta, Olivia de Molina y Xosé Touriñán, protagonistas da axenda cultural naronesa

Toni Acosta, Olivia de Molina y Xosé Touriñán, protagonistas da axenda cultural naronesa
Xabier Díaz e Adufeiras voltan ao Pazo

O Padroado da Cultura de Narón aprobou a programación relativa ao último cuadrimestre do ano. A alcaldesa da vila e presidenta do citado organismo, Marián Ferreiro, anunciou que se levarán a cabo no Pazo entre setembro e decembro un total de 23 espectáculos para todos os públicos. “Actores como Carlos Blanco, Toni Acosta, Pepón Nieto, Olivia Molina e Alicia Borrachero, o humorista Xosé Antonio Touriñán, os cantantes Ismael Taboada, Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre, entre outros, subiranse este ano ao escenario do Pazo, donde tamén haberá música góspel, circo e varias propostas de música e teatro infantil”, adiantou Ferreiro.


A programación dos últimos meses do ano retomarase o 12 de setembro, coa actuación de Coldday Kids, unha banda tributo a Coldplay, nunha proposta pensada para os pequechos da casa na que interpretarán temas da recoñecida banda británica. Continuará a programación os días 17 e 18 coa representación da comedia “Quen dixo medo?”, protagonizada por Oswaldo Digón e Carlos Blanco; o 24 e 25 poderase ver o drama “Los Pazos de Ulloa” –Secuencia 3–, baseada na obra de Emilia Pardo Bazán e con Olivia Molina, Pere Ponce e Esther Isla entre os actores; o 26 será a quenda do espectáculo multidisciplinar de música en directo “Acróbata y arlequín”, con Alejandro Conesa e Natalia Calles entre un elenco que dará vida a varios personaxes desta peza inspirada no universo do circo de Pablo Picasso a comezos do século XX e a música das primeiras vangardas.


A música marcará de novo o inicio da programación do mes de outubro, coa presentación do disco “Sin cadenas”, de Ismael Taboada, o día 2, para continuar con teatro musical o día 9 e cun musical infantil, “La Granja”, o día 10 de outubro. A música folk estará tamén presente no Pazo, o día 15 co concerto “Ailá” para dar paso o día 16 ao humor de Xosé Antonio Touriñán, protagonista da comedia “Aquí tou”.


As últimas tres propostas do mes serán o 23, coa representación de “Mocha Dick”, o 30 con “Las criadas”, un drama sobre a alta burguesía francesa, e o 31 con “Alicia”, unha proposta de teatro musical .


Xa en novembro, o día 6 terá lugar unha proposta de novo circo, “Drop”, para seguir a programación o día 7 co musical “Recuérdame. El tributo a Coco”, para o día 13 seguir coa comedia “O mozo da última fila”, de Redrum Teatro. O sábado 20 o monologuista J.J. Vaquero subirase ao escenario do Pazo, e o domingo 21 será o turno da proposta de música familiar “Pettit Pon en concerto”. Xa o día 27 estarán en Narón Pepón Nieto, Toni Acosta, Dani Muriel e María Ordóñez, entre outros, con “Anfitrión”.


Finalmente, en decembro o día 10 haberá un concerto de música folk tradicional, con Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre,o 11 poderase ver a obra “O charco de UIises”; o 12 regresará a música da man de Mistura Son, con “Cuba e Galicia xuntas”, e os días 17, 18 e 19 terá lugar unha nova proposta de circo, “Circo de Nadal” .Xa o 23, para pechar a programación volve a música gospel coa banda “Spirit of New Orleans Gospel Choir”.


As persoas abonadas poden reservar a butaca asignada dende hoxe e ata o 31 de xullo e a partir do 4 de agosto poranse á venda libre as entradas dos espectáculos do Padroado na web da entidade e no despachos de billetes do Pazo da Cultura.

Toni Acosta, Olivia de Molina y Xosé Touriñán, protagonistas da axenda cultural naronesa

Te puede interesar