Protexer a biodiversidade

Este 22 de maio, celebrouse coma todos os anos, o Día Mundial Da Biodiversidade. Unha biodiversidade seriamente danada por mor do capitalismo, o cal, fixo un modelo industrial extractivista, xunto con un modelo de sociedade fundamentada no consumo como motor de crecemento, a base de extraer os recursos do xeito máis económico posíbel sen mirar a natureza, transformalos, vende-los e tira-los do modo máis barato o cal, puxo ao planeta ao límite do colapso. Nosos ríos, bosques, océanos, as nosas terras, a maioría do patrimonio natural, está seriamente danado por mor das democracias capitalistas que non tiveron ningún reparo en depredar os ecosistemas con tal de obter os máximos beneficios posíbeis. Na maioría dos casos, o valor do medio ambiente, do ecosistema destruído, era superior ao valor dos recursos extraídos. Como consecuencia disto, as vagas de calor, as tormentas, as secas, o aumento das migracións, os conflitos armados, van en aumento ano tras ano.


O sistema de produción e consumo baseado na enerxía de orixe fósil, non se pode transpolar e pensar, que podemos seguir co mesmo modelo, so cambiando a enerxía fósil por enerxía renovábel.


É increíbel ver os mass media, falando de economía circular, desenvolvemento sustentábel, capitalismo verde(isto é unha falacia) etcétera e os actores principais que queren liderar este novo paradigma, son os mesmos que produciron esta situación de Kaos planetario no que nos atopamos. É indubidábel, que a solución pasa por buscar un novo sistema, quer o decrecemento quer o ecosocialismo, ou ben outro sistema, o cal, terá que saír das cabezas pensantes das nosas universidades.


O que non podemos crer, é que a famosa transición ecolóxica da que falan os políticos dominantes, a cal, vai seguir priorizando os lucros dos grandes centros de poder económico, pode ser a solución á depredación á que estamos a someter á Terra.


Estamos a comprobar nos derradeiros tempos, como Galiza está en risco de sufrir, o maior atentado contra a súa biodiversidade despois dos encoros nos ríos nos anos 60 do século pasado. Estou a falar do plan eólico para Galiza promovido pola Xunta e o Estado. Un modelo totalmente insustentábel e inasumíbel pola natureza, pola biodiversidade deste país, cuxa finalidade, é seguir aumentando o beneficio das enerxéticas, coa escusa da enerxía verde, coa escusa da transición ecolóxica e o cambio climático.


En definitiva, a solución pasa exclusivamente por cambiar o sistema de produción e consumo, con todo o dor que isto vainos supor, se de verdade queremos continuar a nosa evolución, coma especie na Terra.

Protexer a biodiversidade

Te puede interesar