Alcaldables

A metade do mandato chegou e comezan a aparecer as primeiras enquisas, que xa están a condicionar a política local. A verdade que sabemos aquelo que todos intuíamos: a data de hoxe, Ángel Mato ten máis posibilidades que ningún outro de seguir sendo alcalde. Pero, aínda hai xogo no campo.


José Manuel Rey está de sorte porque ten opcións e, iso, vaille traer os mimos do PP galego e do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo. Pero, depende en grande medida da capacidade de colaboración na esquerda ferrolá.


Os socialistas teñen que implementar o cumprimento do seu programa electoral, erro sería adoptar unha actitude conservadora, pese a complicada situación na Corporación de Ferrol cun goberno en minoría. En FeC necesitan reformular a súa estratexia e no BNG un pouco máis de ambición e, ambos os dous, asumir que non son a alternativa. É todos darse conta de que a cidadanía reclama sumas e acordos.

Alcaldables

Te puede interesar