O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, aproveitou a súa intervención na inauguración da celebración de onte para animar á cidadanía a asistir, o vindeiro venres, ao concerto co que o Concello de Ferrol lembrará de novo a Ricardo Carvalho Calero. Trátase dunha actuación que as artistas Katia Guerreiro, recoñecida fadista, e Ugía Pedreira, unha das voces máis recoñecidas da música contemporánea galega, salientou Mato, crearon para a ocasión e que permitirá ao público gozar da música galego-portuguesa. A cita estará acompañada ademais dunha montaxe visual co profesor e escritor ferrolán como protagonista. O Eixo Atlántico colabora na organización dun concerto que dará comenzo ás 20.00 horas no Auditorio.