Agora Ferrol

A cidade tamén necesita que volvamos á “normalidade orzamentaria”. Ferrol necesita aprobar uns novos orzamentos que permita abordar a situación post estado de alarma. Investir novamente na mellora da calidade de vida da súa cidadanía.


O xogo político está moi ben, pero a xente simplemente “pasa das fotos”. Aínda que un poida entender que aqueles que apostaban por ter un goberno refén e dependente estean fóra de xogo. Non había moito interese nun goberno de coalición de esquerdas, pero quen apostou por quedarse fóra, non está a sacarlle rédito a iso.


Máis de oitenta e tres millóns leva o proxecto presentado polo alcalde Ángel Mato. Seguro que pode ter melloras, achegas e emendas. Séntense, Ferrol ben vale un pacto pola cidadanía. Fagan as críticas que consideren, pero tamén aposten pola cidade, que leva un ano coa súa administración en estado de alarma, en realidade, suspendida. Agora toca Ferrol.

Agora Ferrol

Te puede interesar