Unha música que debe soar

on reticente a poñer cualificativos á música malia haber estilos e tendencias para dar e tomar. Hai música boa e mala e neses extremos móvense os gustos individuais da xente. Temos unha música que debe soar en Galicia e non soa o suficiente, esa imperecedoira feita polos nosos compositores máis senlleiros, unhas obras que por menos coñecidas non deixan de ter un valor incuestionable no seu conxunto. ¿Música clásica galega? Podemos aceptar este apelativo. ¿Cal é a causa da súa escasa divulgación? . Quizá porque somo dados a restarlle valor ao que temos preto, na casa, e darllo o que vén de fora. Queda unha labor inxente por facer sobre todo o que atinxe ás orquestras “grandes” que temos en aquí; a Real Filharmonía de Galicia e a Sinfónica de Galicia, dúas formacións que nada teñen que envexar a outras similares do Estado español compostas ambas as dúas por mestres que chegan a elas logo dunha exhaustiva selección e cobran os seus salarios do erario público( galego). Estupendo que así sexa, pero máis admirable sería se no seu repertorio se lle prestase máis atención aos compositores galegos que habelos hainos e interpretaran pezas dos autores nosos cada vez que suben a un escenario aquí por suposto pero tamén acolá. E non digo con isto que non o fagan pero non ocorre coa frecuencia desexada. Non estaría esaxerado que ó menos unha terceira parte da programación dun concerto estivese dedicada a compositores da terra sen que iso fose en detrimento doutras obras foráneas que xa teñen un recoñecemento universal e os seus autores un lugar no cumio do Olimpo da música.


Non hai moito soubemos da excelencia musical do compositor José Arriola, logo que deixara de ser neno prodixio. Parte da súa obra a interpreta a Real Filharmonía de Galicia baixo a batuta do meu amigo Maximino Zumalave, música gravada en soporte CD do que aínda non se fixo no Ferrol unha presentación como era desexable.


Pero aí están tamén os Bal y Gal, Marcial del Adalid, Octavio Vázquez, Rogelio Groba, Fernando Alonso, Xavier de Paz, Juan Durán, Juan Montes, Andrés Gaos, Pascual Veiga, José Castro “Chané”, etc, algunhas de cuxas obras, se non están en clave sinfónica ben poderían estalo. Sen esquecer a Soutullo, outro grande da nosa música.


Todos eles forman parte do acerbo cultural e musical da nosa terra e por iso merecentes da divulgación das súas obras polas orquestras grandes nos auditorios de Galicia. Debería terse en conta isto de aquí en adiante. Abofé.

Unha música que debe soar

Te puede interesar