A novísima Normalidade

Dentro dalgúns anos, os que cheguen a ver unha normalidade posterior á Normalidade Nova que prognosticou o goberno, atoparase cunha serie de novidades que pasarán pola creación de leis e normas tendentes a diminuír o impacto negativo, das pandemias, tanto na saúde das persoas como no aspecto económico. No aspecto sanitario, haberá un numeroso aumento de fármacos que poderán atallar as infeccións, antes de se producir as pandemias. No tema económico, será de obrigado cumprimento a creación dun fondo económico por parte de asociacións, gremios ou sindicatos, xestionados polo banco central do Estado e supervisado polo goberno de turno, de xeito que, en caso de necesidade, cada quen será rescatado polos seus propios aforros. No caso da hostalería, poderíanse considerar os establecementos, como parte integrante do sistema de saúde. Por exemplo: un cliente entra nun bar e pide “un viño da terra e unha de Astra Zeneca, por favor”. Esa podería ser unha situación normal nunha novísima normalidade. Claro que o problema está en xuntar farmacia e bar. Poderíase legalizar a “farmacia/bar” ou o “bar/farmacia”. Xa sei que é unha parvada, pero... Verdade que sería boa se colara?

A novísima Normalidade

Te puede interesar