Alegría

|

Abofé que a televisión nunca foi unha das miñas adiccións. De feito, cando andei por aí adiante, nunca a botei en falta. Estando na casa si gusto de ver un informativo diario, algunha película que non puiden ver no seu día, aproveitando a boa programación cinematográfica da TVE e logo algunha que outra cousa desas de perder o tempo, a que lle cadre. Nos últimos meses tamén vin na casa bastante fútbol, pois non me deixou outra alternativa o peche dos campos e dos bares.


Un dos programas no que caio de cando en cando é El hormiguero, por veces entretido e en ocasións bastante infumable. Así cualificaría o que me tocou ver antonte, mércores. Pablo Motos entrevistaba a distancia Nicky Jam, o popular reguetoneiro ianqui-colombiano –fillo de portorriqueño e dominicana–, que estaba en Miami. Nun momento da conversa, a propósito do recente tema “Fan de tus fotos” –”Te pienso desnuda / Luego me dan ganas de probar / Quítame una duda, ah-ah / ¿A qué sabes en la intimidad? / ...”– o presentador preguntoulle se fantaseara algunha vez cunha profesora, xefa ou así, ao que o cantante repondeu que fataseaba con todas as mulleres.


“-¿Con Angela Merkel también?”, preguntoulle unha das formigas do programa. “No sé quien es Angela Merkel, pero si está buena también fantaseo con ella”. e tutti contenti. Para que máis?

Alegría