Cantas situacións específicas de pobreza enerxética se trataron no seu concello durante o ano?
Esta é unha das cuestións que forma parte da enquisa sobre valoración das políticas en materia enerxética que está a requerir a valedora do pobo ós departamentos de servizos sociais de Galicia. Tenta así realizar un estudo detallado sobre a situación actual, que constitúe un problema social de gran magnitude agravado nos últimos anos pola crise e o aumento do prezo dos suministros de electricidade e gas. O fin último desta análise é identificar o perfil das persoas vulnerables e en risco.
Benvida sexa a iniciativa aínda que chegue tarde e como resultado da difusión de consecuencias funestas neste ámbito. Para realizar accións preventivas efectivas precísase activar con maior previsión o fluxo de información e opinión das profesionais do traballo social que ven palpitar a realidade diaria.