Da política e das vidas

As veces a política aseméllase á vida. Pero sempre moitísimas vidas, precisan da mellor política para poder realizarse en plenitude e igualdade. Por iso é importante discernir o que se di, do fume co que se pretende agochar o que non se di. Moitas veces sabemos que os silencios valen moito máis que moitas palabras. 

Tamén que os excesos e as dramatizacións sobreactuadas, tan só  pretenden desviar o foco do interese, e tapar de paso algunha carencia propia que nos podería situar en desvantaxe.  

Debater sobre o debate, foi o último recurso utilizado polos que pretendían incendiar, sen ter que gastar nin esforzos, nin propostas, nin correr o risco de quedar en evidencia. E  todo sen gastar un simple misto. Agora os Socialistas aplican o famoso  A min me daban dous, que implica a celebración de dous debates polo prezo dun. E acabouse co parapeto que algúns crearon para non ter que falar doutra cousa. 

Mentres, a campaña pasa e mais alá dos venres sociais do Presidente Sánchez, que marca as liñas estratéxicas de futuro, e das arroutadas dalgún grupo político que basea todo na forza, a testosterona e a interpretación sesgada da tradición e da historia, non asoman propostas que incidan en novos dereitos ou melloras. Outros, caídos dende os cumios do poder por excesos e escándalos, seguen sen entender as causas da debacle, e só intentan xogar ao xogo da radicalización, en lugar de buscar as solucións que precisan. Tamén no de poñerse radicais, sempre menos é moitísimo máis.

Nunca pretendín cambiar os soños –dixo El– nin espertar de súpeto e descubrirte ausente... Ningunha hipótese, axioma ou teorema demostra máis valor que o perfil dos teus labios... Ti es un sumatorio de existencia, un universo pleno...unha utopía...

Da política e das vidas

Te puede interesar