A clave está no reparto

s datos respecto da caída do PIB no segundo trimestre do ano son esmagadores, máis dun 18,5%, e do 22,1% en termos anuais, superior a calquera outro país europeo. Sen dúbida o retroceso non será igual en todas as autonomías, tendo en consideración que é moi distinto o peso do turismo, e da industria e servizos ligados ao transporte. Polo que será importante ter este dato para sabermos que como afecta a crise a Galiza. Se consideramos o 1º trimestre as cifras non son boas para o noso país, o PIB galego diminuíu en -3,6% en termos anuais fonte a unha media do -2,5% no Estado español (EE). Tamén foi peor no consumo final: -4,4% fronte a un -2,3% no EE. Polo que, en principio, a evolución non é boa para Galiza (pesa o carácter subordinado da economía...). 
Sobre a evolución tamén incidirá a intensidade dos rebrotes en cada territorio e sobre todo como se repartan as axudas e prestamos da UE; daquela a importancia dos orzamentos dos vindeiros tres anos, tendo en consideración que será o período de execución do fondo de reconstrución. E estema seica tratouse por riba na última xuntanza do Governo cos presidentes/as autonómicos, quedando pendentes reunións especificas para o vindeiro mes de setembro. Na rolda de prensa posterior algunhas comunidades destacaron que esta cuestión non tivo o papel que esperaban. As declaracións de Pedro Sánchez dan a entender que o reparto dependerá dos proxectos que presenten as autonomías, e de que estes se axusten ao decidido en Bruxelas.
Chegará ao Congreso un anteproxecto de orzamentos no que estean consensuados os temas que poden ter un interese común para todas as autonomías, ao que se lle sumen aqueles específicos, xa que é evidente que as realidades económicas, sociais e mesmo demográficas, non son as mesmas? Un orzamento neste contexto debería formar parte dun plano de desenvolvemento para a vindeira década; ou sexa: que puxese os piares para unha economía que avance en diversificación e proximidade, un servizos públicos suficientes, nun reparto xusto do traballo e da riqueza producida, e na democracia participativa. Mais todo fai pensar que non será así, e co Governo central levará seu propio texto ao Congreso, abríndose a cambios previos e emendas que pactará, a esquerda e dereita, para aprobar este orzamento (enmarcados no deseño dunha UE menos global e igual de neoliberal?). Todo indica que a clave estará en como se realiza o reparto entre autonomías, e no marco laboral e fiscal. Daquela o esencial de contarmos na Galiza cun proxecto e forzas propias.

A clave está no reparto

Te puede interesar