MULLER TRABALLADORA

A loita das mulleres constitúe un elemento fundamental da construción dunha alternativa social e económica. Vainos a vida nelo, porque na crise-estafa neoliberal saímos moi mal paradas: 131.200 están no paro e só unha de cada cinco ten cobertura por desemprego; no 2014 da “recuperación” acabamos con  2.100 asalariadas ocupadas menos e 7.200 ocupadas por conta propia menos no noso país. A política de Feijóo desfixo máis de 51.000 empregos femininos e a cambio fixo aumentar a pobreza, ensanchar a fenda salarial, recortar as prestacións sociais que afectan máis directamente ás tarefas reprodutivas das mulleres e en xeral erosionar os servizos públicos. A cambio nos fala de maternidade nun país en regresión demográfica por faltar emprego e servizos públicos; e tolera a violencia simbólica que antecede aos asasinatos machistas, para os cales hai demasiados poucos recursos. A guerra que nos fai de cote o capitalismo machista e patriarcal que practica o goberno Feijóo necesita da nosa loita. O cambio social virá con nós ou non virá.

 

MULLER TRABALLADORA

Te puede interesar