É necesario que as vilas cidades teñan unha deferencia cos seus fillos e filllas máis sobranceiros e Ferrol tiña unha débeda pendente con Concepción Aarenal malia ter xa unha estátua na cidade e un instituto que leva o seu nome, unha asinatura por aprobar que ten que ver co coñecemento, con proclamar aos catro ventos quen era en realidade Concepción Arenal fora dos estereotipos que a caracterizaban.
Cos actos programados o día 31 de xaneiro Concepción Arenal volveu a Ferrol como muller de mente extraordinaria e coma adiantada na loita a prol dos máis necesitados. E para poñer en valor a súa figura achegouse á cidade a persoa que posiblemente máis saiba de Concepción Arenal: Anna Caballé, profesora de literatura na Universidade de Barcelona e autora dunha biografía que tal vez sexa referencia para todos os que desexen afondar na vida e obra da insigne ferrolá aínda que, segundo manifestou a propia autora, a toda biografía sempre pódeselle engadir algo máis. Por esta obra recibiu o premio nacional de historia (2019) que outorga o ministerio de Cultura.
Anna Caballé agasallounos cunha espléndida conferencia que nos serviu para entender, para entrar no pensamento desa muller irrepetible á que perante toda a súa vida perseguiu unha sombra: non é casualidade que o libro leve por título “ La caminante y su sombra”, sombra pola que ninguén lle preguntou a Ana Caballé e que ela desvelou na conferencia.
A sombra de Concepción Arenal era o seu pai polo que sentía veneración e que morreu cando ela tiña nove anos desterrado polas súas ideas liberais na aldea de Leiro onde a famila, por mor desa circunstancia, viviu de paso.
Na figura do seu pai a eminente pensadora colocou a todos os desventurados e situou o sofrimento coma eixo do seu desenvolvemento vital.
Tanta devoción tiña polo seu pai coma xenreira pola nai: resulta significativo que o seu primeiro libro lle lo dedique só ao seu pai. En fin, que a hora pola que trascorreu a conferencia resultou breve para un público que gozou plenamente coa brilante exposición de Anna Caballé, despedida cun cálido e prolongado aplauso.
Denantes da conferencia, ao mediodía houbo un acto ao pe da estátua que está na rúa Fernando VI e pola tarde a descuberta dunha placa na casa natal de Concepción Arenal na rúa Real. Todo isto vai servir para revitalizar a figura daquela muller adinatada ao seu tempo e, como dixo Ana Caballé, para que a xente se aproxime máis a súa obra. Que así sexa.