Fademga Feaps Galicia (Federación de asociacións en favor de persoas con discapacidade intelectual de Galicia) mudou de identidade corporativa. A súa labor, a súa misión e o seu enfoque non estaban sendo reflectidas co seu anterior nome e marca. Dende agora denominase Fademga Plena inclusión Galicia, sendo o seu logo un trébol de catro follas de verdes variados.
Trocan de imaxe, mais a súa esencia é irreemplazable.Seguen perseverando na procura da mellora da calidade de vida, atención, apoios e prestacións que precisa o colectivo.
Continuan tamén firmes, con determinación no reforzo do benestar das persoas con trastorno dual (concurrencia de discapacidade intelectual e enfermidade mental), especialmente vulnerables e con maior risco de exclusión social. Para asegurar os seus dereitos a etapa estará plena de accións, entre elas o IX Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental.