lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Vivamos como galegos

Non chego a comprender como se están a facer as cousas tan mal como para que un neno pequeno, ao que se lle fala galego na casa, non saiba recoñecer outros nomes de peixes que: caballa, platija, gallito, palometa.... E eu, non resignada a que se cumpra o refrán de que en casa de ferreiro culler de pau, turro unha e outra vez a dicir que non sei o que é tal cousa. Eu sei o que é a xarda, a solla, as meigas ou rapantes, a castañeta, mais négome a que me vendan no meu propio país seres de tan “sonoro” nome.
Mamá, eses son os nomes, son os que son de verdade porque son os que pon o super. E claro, como vai saber mamá máis que un supermercado, dous, tres, ou vinte?
Non é un supermercado ou un posto de praza concreto, son infinitos a perseguir un bilingüismo harmónico que no que só ten vida o castelán.
Eu, como parte da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios defendo o meu dereito a mercar en galego.

Vivamos como galegos

Te puede interesar