O botellón

Seica o botellón é un fenómeno sociolóxico que ten toda a aparencia dunha enfermidade, ou sexa, unha especie de sarampelo, que trae aparellada a necesidade dos rapaces de comportarse de maneira incívica, como se para divertirse tivesen a necesidade de encher todo de lixo. Semella que os “miñaxoias” están a sufrir na casa a tiranía dunha nai intransixente, que non lles permite deixar estradas polo chan, un calcetín, unha media, un zapato ou calquera outra prenda de roupa ou utensilio. E por iso aproveitan para encher todo de lixo. Coido que os do Concello deberían ser comprensivos e permitirlles disfrutar entre o lixo, sen recoller nada durante varias semanas, coutando a zona da celebración dese interesante fenómeno cultural. Así, o botellón lles sería máis atractivo, pola abundancia do lixo. Seguro que habería quen protestara pola porcallada, pero a felicidade da mocidade ben vale un pequeno sacrificio.Se cadra isto é unha parvada, pero total, unha máis...Non é?

O botellón

Te puede interesar