COTA

A recadación para actividades consideradas de interés social, derivada dos impostos das rendas das persoas físicas xeradas no 2014 e presentadas no 2015, acadaou un total de 297.591.000 euros. Un importe que aumenta en máis de 12 millóns respecto ao ano anterior. Unha cota récord posible gracias ás persoas comprometidas coa cidadanía en risco de exclusión social que precisan de diversidade de proxectos e accións das organizacións non gubernamentais: residencias, centros de día, axuda no fogar, transporte adaptado, atención psicosocial, voluntariado, etc. O seu acto foi sinxelo, simplemente marcaron a casiña X solidaria. Esta cifra para o ben común pode incrementarse cada exercicio si  os nove millóns de contribuintes que non marcan ningunha casiña optan pola solidaria. E tamén  informando da compatibilidade aos que sinalan so a da igrexa católica, axudando o dobre, pois sumanse ambas aportacións. 

COTA

Te puede interesar