DIQUE NON

Burla, burlando, o PP vainos escarallando. En 2009, cando Núñez Feijóo era candidato á presidencia da Xunta, comprometera un centro de reparacións navais na antiga Astano que ía crear 2.000 postos de traballo. En 2010 aprobábase a Lei de Fomento do Sector Naval de Galiza que o goberno Feijóo incumpriu sistemáticamente. En marzo de 2011, xusto antes das eleccións municipais, tivo lugar en Ferrol un Consello da Xunta no que o presidente anunciaba que “antes do verán presentaremos un plan para reactivar as instalacións desocupadas de Navantia con novos usos industriais” (tamén, nunca máis se soubo). En marzo de 2012, por acordo do Parlamento a iniciativa do BNG, a Xunta de Galiza solicitaba ao Goberno Central que, no prazo dun mes, tomara a decisión de construír un dique flotante nas instalacións de Navantia Fene-Ferrol. Nova tomadura de pelo, nin dique flotante, nin levantamento do veto. Xa se sabe, cartos para Bankia pero non para Navantia.

 

DIQUE NON

Te puede interesar