DECISIÓNS

Tal como se presenta o panorama político, parece que PODEMOS, está obrigado a decidirse polo apoio a un dos dous grupos que pretende derrotar, porque non parece que unhas novas eleccións vaian a variar moito o resultado e a composición dun posible goberno. Desde ese punto de vista, os “podemitas” terán que respostar á pregunta do “para que”. Ou sexa, rematar co bipartidismo, para que? Se é para facer unha verdadeira revolución política e, para cambiar este corrompido sistema, non parece que sexa posible agora. Se é para tratar de mellorar o xeito de vida de tanta xente que se atopa en condicións precarias e que non poden esperar, non se entende a súa negativa a axudar a formar un goberno que ofreza un mínimo de garantías para rescatar da pobreza aos máis necesitados. Nin se entenden tampouco as esixencias de ministerios e altos cargos, a no ser que a ambición de poder poda máis que a xustiza social que deles se podería agardar. Digo eu, claro. 

DECISIÓNS

Te puede interesar