Ese horror chamado censura

Levaba o Brasil xa catro anos padecendo unha, aínda soportable, ditadura militar cando apareceu Tropicália ou Panis Et Circencis, LP que marcou o arranque definitivo do tropicalismo, a nova estética musical que daba modernidade e revalorizaba a música popular brasileira coa incorporación de elementos da música foránea. Nese contexto, Caetano Veloso, un dos grandes impulsores do movemento Tropicália, presentou en São Paulo, no marco do III Festival Internacional da Canção, o seu coñecido “É proibido proibir”, título, evidentemente, traducido, do “Il est interdit d’interdire!”, un dos lemas estrela do maio francés. A posta en escena motivou airadas reaccións de rechazo no público asistente. Axiña se endureceu a ditadura, que trouxo grande represión, censura e mesmo o exilio do músico baiano. Hoxe, 50 anos despois, Caetano Veloso compuxo o seu “Ele não”, o lema do movemento cidadán contrario ao candidato presidencial Jair Bolsonaro, en demanda de “não mais!” desas lindezas que Bolsonaro vai traer: “pro fascismo, pro machismo, homofobia, transfobia, pro nazismo, xenofobia, qualquer fobia, intolerância”. E censura. De entrada xa tentaron impedir a difusión do vídeo da canción.

Ese horror chamado censura

Te puede interesar