No país dos mil ríos

|

río Cobo, Lea, Cabe, Rato, Ulla, Umia, Lérez, Barbaña, Furelos..., foron nos últimos meses noticia polas agresións sufridas. E  a demostración de que a saúde dos nosos ríos corre un serio perigo: depuradoras en mal estado, vertidos directos de polígonos industriais como o de Melide que leva trinta anos contaminando o Furelos, emisarios como o de Viveiro vertendo na ría, o zurro das granxas... 
Exemplos que retratan a unha Consellaría de Medio Ambiente e a uns  gobernos municipais pasivos, cómplices nalgúns casos, e carentes de actuacións encamiñadas a solucionar este gravísimo problema. Alén diso, a ausencia de sancións traslada aos infractores a impunidade dos seus actos e o desánimo aos colectivos e cidadáns que están dando a batalla por uns ríos cheos de vida.
Velaí a realidade que deixa espida a propaganda das administracións. Feliz 5 de xuño, dia mundial do medio ambiente.
 

No país dos mil ríos