Hai unha frase que define a Democracia como: “O goberno do pobo, por o pobo e para o pobo”. Mais aquí, cando se fala de Democracia, parece que se está a falar dun sistema político con parlamento e votacións cada certo tempo, sen ter en conta que hai que falar tamén de Democracia na economía e nos propios partidos políticos, nos sindicatos e nas asociacións de calquera tipo, porque a Democracia, nun país, debe valer para todo e para todos, ou non hai verdadeira Democracia. Co tempo, este vocábulo foi cambiando o seu significado, ben de xeito aillado ou engadido a outros, rematando por perder o seu senso. Así temos a Socialdemocracia, que a simple vista parece unha redundancia, xa que o socialismo ten que ser democrático por natureza, pero que en realidade significa un socialismo “descafeinado”, adaptado ao sistema capitalista, máis propio de xente acomodada que dos que teñen que loitar a cotío para acadar máis liberdade e xustiza social. Eu o vexo así, pero...