Festas do Burgo de Culleredo

|

Nestes días pasados tiveron lugar as coñecidas e multitudinarias festas do Santiago do Burgo, que, desta volta, por cuestións de residencia, me tocou viver moi de perto. Xa estivera nelas nalgunha ocasión en anos anteriores, a primeira hai nada menos que 54 anos. Os días 24 e 25 de xullo de 1965 -ano santo, por certo- celebráronse no Estadio de Riazor as probas do “IX Gran Premio Internacional Ciudad de La Coruña de Atletismo”, patrocinado pola Delegación Provincial de Educación Física e Deportes e a Comisión de Festas do Concello coruñés, no que tomaron parte un bo número de relevantes atletas, tanto masculinos como femininas. Velaí os catro records de España batidos, dous deles a cargo das galegas Nela Souto e María Luísa García. Na xornada do 25, houbo tamén unha proba infantil de 1.000 m, para os oito corredores galegos con mellor marca, na que tiven a honra de participar, que non gañar. Esa noite, ao regresar de Riazór á residencia da Universidade Laboral, onde estabamos aloxados, un nutrido grupo de atletas fomos botar unhas pezas ata altas horas. Imborrable recordo. Tiña 14 anos. 

Festas do Burgo de Culleredo