É de lei

A UGT e CCOO están a pedir as nosas sinaturas para a súa Iniciativa Lexislativa Popular, a presentar no Parlamento español. Buscan asegurar unha prestación de ingresos mínimos para as e os parados que carecen de recursos. Só o 55,7% teñen algunha prestación por desemprego. O certo é que grazas aos recortes sociais e a crise económica implementada por Aznar e Rato, coa liberalización do chan, case trece millóns de persoas están en risco de pobreza no país.
Os dous sindicatos pretenden así garantir por lei un mínimo vital de 426 euros ás persoas paradas sen recursos. Garantir aos conxunto das e dos desempregados un novo dereito universal e persoal, ao abeiro do artigo 41 da Constitución para garantir a dignidade das persoas, a liberdade e igualdade real e efectiva, fomentalo progreso e a redistribución da riqueza e o apoio a centenares de miles de familias.
 

É de lei

Te puede interesar