Esganando Cuba

|

A maioría dos cubanos apoia a Castro. Non hai oposición política eficaz . O único medio posible para aniquilar o apoio interno é provocar o desengano e o desalento mediante a insatisfacción económica e a penuria . Hai que poñer en práctica rapidamente todos os medios posibles para debilitar a vida económica. Unha medida que podería ter un impacto moi forte sería negar todo financiamento e entrega a Cuba, o que reduciría os ingresos monetarios e os salarios reais provocaría a fame, a desesperanza e o derrocamento do goberno”.

Este texto forma parte do memorando que Lester D. Mallory, subsecretario de Estado asistente para os Asuntos Interamericanos, lle dirixiu, o 6 de abril de 1960, a Roy R. Rubottom Jr., nese momento subsecretario de Estado adxunto para os Asuntos Interamericanos.

Penso que o documento deixa ben ás claras que facer caer o goberno cubano foi sempre o obxectivo a acadar coas sancións económicas que os sucesivos gobernos dos Estados Unidos lle impuxeron a Cuba desde que, en outubro de 1960, se puxo en marcha o Embargo comercial, económico e financeiro de EEUU en contra de Cuba, o chamado bloqueo. Van aló, pois, case seis décadas e esa medida, como as da mesma liña que viñeron despois, malia que lle ocasionaron gravísimos problemas á vida cotiá do conxunto da poboación cubana, aínda non conseguiron, nin de lonxe, botar abaixo ningún goberno cubano. Non o fixo a Lei da Democracia Cubana promulgada por George Bush pai en outubro de 1992, nin a denominada Lei da Liberdade Cubana e Solidaridade Democrática, máis coñecida como Lei Helms-Burton, posta en vigor por Bill Clinton, en marzo de 1996, mais se aplicar os seus Títulos III e IV. Cómpre lelos para nos facer idea do mundo no que vivimos. Non hai por onde collelos, parecen de ciencia ficción. Mais chegou Donald Trump e, en abril deste ano, anunciouse que se decidira implementar o Título III, co claro obxectivo de meter medo ás empresas estranxeiras que negocian con Cuba utilizando instalacións ou bens confiscados após o triunfo da revolución, xa que poderán.

De feito, hai uns días, fixeron públicas denuncias contra empresas como Meliá ou algunhas plataformas de búsquedas hoteleiras e turísticas.

A presenza na Habana de Federica Mogherini, a alta representante da UE para Asuntos Exteriores, nestes días pasados ten moito non é allea a esta situación. Haberá que lle parar os pés ao imperialismo.

Esganando Cuba