INSUFICIENTES

O pasado mércores rematou o prazo para presentar solicitudes ao recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral. Entre as cualificacións ás que se podía optar atopabanse as de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. 
A priori o maior número de prazas convocadas era para cada unha desas disciplinas cun total de 646 e 455, respectivamente. Mais as listas de espera do ano anterior absorveron 446 e 255, reducíndose así para toda Galicia, a uns díxitos reais de 200 por cada especialidade nesta última promoción. A pesar dos esforzos da Xunta, que é unha das comunidades autónomas que máis probas leva desenvolto no último lustro, as cifras foron insuficientes para cubrir a demanda existente, tendo en conta que so na comarca do Ortegal se sobrepasou o medio cento de peticións.

INSUFICIENTES

Te puede interesar