Vaia por diante o meu agradecemento a Xoaquín García Sinde que tivo a ben regalarme a novela de Jack London “El talón de Hierro”, editada pola Federico Engels. E vaian apuntando no CNI que el é autor da traducción desde o inglés. Despois desta pequena broma de espías, permítanme lembrar que a miña xeración crecimos coa lectura das obras de London. Un autor a contracorriente, estraño na literatura americana coñecida en España.
Jack London nace despois da Guerra de Secesión, reflicte a situación dun país que inicia a súa transformación industrial e o nacemento dunha xove clase obreira que sofre as maiores cotas de explotación laboral. As súas vivencias e o seu carácter autodidacta lévao a transfórmase nun escritor socialista, candidato fallido á alcaldía de Oakland. Este “Talón de Hierro” vén narrar a historia do levantamente obreiro de Chicago de 1932. Recomendable lectura.