Das diversas realidades

|

OPrado celebra os 500 anos da morte do Bosco. O pintor que imaxinou unas realidades, que foron radicalmente diferentes, das do común dos mortais do seu tempo. Dicía Antonio Gala, que nunha rosa caben tódalas primaveras. Acertaba no fondo e no verso.  
Aínda que dende diferentes puntos de partida, chegamos xuntos a erguer un espazo común de dereitos e de liberdades. Conquistamos como sociedade, unha realidade feita a base de engarzar, fragmentos mínimos de mundos e experiencias, moi diferentes. Somos resultado da aplicación proporcional da multiculturalidade, e da diversidade de calquera tipo e condición, á nosa realidade cotiá. E a inmensa maioría, somos fillos dos principios aqueles de que sen esforzo, non hai  éxito posíbel. Seguimos mantendo a capacidade de asombro, ante tanto abuso, roubo, listillos e corruptos que enchen as noticias de desesperanza. Clamamos nos desertos, por definir mundos máis xustos, e para que a transparencia, a ética, a protección dos máis débiles, e a coherencia, sexan as bandeiras que guíen a Política do presente e do futuro. Rexeitamos o postureo daqueles que, tendo os medios para poder cambiar as cousas, din aquilo do noxo que provocan os que rouban do de todos, sempre que haxa micrófonos abertos, pero non actúan contra a corrupción que pon o sistema contra as cordas. Confiamos na bondade do Diálogo, nos acordos, pactos, compromisos, e todo aquilo que obrigue a camiñar acordando, sen imposicións nin prepotencias. Estamos cansos de que nos cambien o compromiso, polo politicamente correcto, e de prometer facer o que, recentemente, puideron facer e non quixeron. Tan só queremos unha realidade nova, sumatorio das realidades parciais, onde sentirnos arte e parte de tempos, necesariamente, mellores. 

Das diversas realidades