Alcaldes virtuais

oa a chega das mareas aos concellos puxéronse de moda os alcaldes 4.0, que vén sendo unha forma de vivir nun mundo virtual afastado de realidade. Así calquera novo rexedor estaba máis atento ao que lle dicían catro seguidores nas redes sociais do que en realidade pasaba. Así lles foi. Pero tamén hai outros, que non eran punto cero, pero si deses que lles gustaba subir una foto e que lle dixesen o guapo que estaba. Cando chega a hora de traballar lanzan unha idea polo ciberespazo e reciben dedos para riba a esgalla, pero á hora de levalo á practica veñen os problemas. Como lle aconteceu a un que amañou un camiño e recibiu miles de parabéns dos seus seguidores... de Madrid. Os locais levantáronse en armas cando viron que nin había beirarrúas nin canalizacións da auga. Outro tanto lle vai pasar a algún que outro que só goberna e informa aos seus fieis e o resto dos viciños saben de algo cando as oito da mañá senten unha máquina andar remexendo fóras na terra.

Alcaldes virtuais

Te puede interesar