Control

Fiquei en verdade contento cando souben que era quen de baixar, a bo ritmo, nove plantas de escaleiras e, máis aínda, de conservar talmente a calma nunha situación conflitiva. Hai un par de semanas, sobre as nove da mañá, cando saiamos do cuarto dun hotel de Amsterdam para baixar almorzar, comezou a soar unha alarma, que, en nada, se complementou cunha voz que urxía a abandonar as instalacións o máis axiña posible sen utilizar os ascensores. Localizamos as escaleiras e aló nos metemos nunha riada de xente que facía o mesmo ca nós. “Descendere veloce, descendere veloce”, repetía unha e outra vez unha voz masculina italiana, por entender que a rapidez da baixada non era abonda. Outra xente emitía outras mensaxes en diferentes idiomas e algunhas caras reflectían medo. Obviamente, non me vía, mais confeso que a miña tranquilidade era absoluta. Ao pouco de chegar á rúa, comunicouse que a alarma era falsa e que quen quixese xa podía entrar. Fomos almorzar, como se nada tivese pasado. Sabía da miña frialdade, mais...

Control

Te puede interesar