Colleume ben lonxe o anuncio de que o alcalde de Ferrol tiña pensado presentar dunha única vez os orzamentos municipais de 2017 e 2018. Primeiro pensei que lera mal o que non entendía o que os xornalistas querían comunicar. Longo tamén pensei que, xa que estaba fóra e non teño “portátil” nin “smartphone”, falar disto ía quedar un tanto desleitado. Por último díxenme que iso era imposible. Porque se de tempo se trata, xa non é cuestión de pensar que o que o noso alcalde dí poida quedar “desfasado”. Non tal, se temos en conta que –penso eu– leva dous anos falando de que xa todo esta encarrilado e ben encarrilado. Así que, miren vostedes por onde, creo que aínda estou a tempo de expresar as miñas dúbidas. Pero non precisamente as que se refiren ao feito de se o que dixo vaia algunha vez verse cumprido. Non! Refírome ás que alumean nesta cidade á hora de que o señor alcalde siga a pesar, como ata o de agora, que somos tontos e que nos sobra o pelo como para no-lo siga a tomar. Xa saben aquelo de “tanto foi o cántaro á fonte, que...”.