Panorama

Non. Non se trata de falar da famosa orquestra galega, senón do aspecto que presenta o ambiente político español. Coido que o panorama non pode ser máis desolador. Por unha banda, un partido político que gañou as eleccións e que sempre dixo que debe gobernar o gañador, cun candidato gañador que renuncia a presentarse á investidura para explicar o seu programa de goberno, desairando á máis alta xerarquía do reino e faltándolle ao respecto aos seus propios votantes. Por outra banda  un Xefe de Estado sorprendido pola negativa do que se di defensor da democracia , do sistema, de España e das Institucións, e que se atopa sen poder facer outra cousa que, bailar ao son que toca o altivo candidato, consciente da súa forza nestas estrañas circunstancias. E por outra máis, un partido político collido entre os dous lumes provocados polos que queren arrimar a brasa para a súa sardiña e polos que queren queimalo todo, menos a súa sardiña, claro. Ou sexa: unha peniña. Non é?

Panorama

Te puede interesar