Redes

Cuarenta anos e tres gobernos de coalición alternos tardou a esquerda en acadar a primeira maioría absoluta no Concello de Cedeira. Levou moito tempo aprender a lección dos bos froitos que da o traballo colaborativo, en rede e sen exclusións coas diversas entidades dinamizadoras que conforman o tecido social municipal. Na campaña electoral visualizouse nalgunha das propostas a relevancia dese desenvolvemento comunitario. 

Por primeira vez tamén estiveron presentes as asociacións e o seu esforzo na información dada á veciñanza. As súas aportacións foron moi importantes en áreas tan sensibles como nos servizos sociais, desenvolvemento e emprego, mocidade e ensino, deportes e cultura.

Esa visión de promoción da participación, o gran cultivo das relacións persoais, na rúa e nas tics, xunto coa inercia da alcaldía e a alza do seu partido,deronlle ao PSOE local unha gran oportunidade. Alea iacta esT.

Redes

Te puede interesar