UNIDADE

A verdade é que son demasiadas as emocións e tamén o cansazo para facer unha valoración do sucedido nas eleccións da fin de semana. Moi preocupante, tráxico, o protagonismo dalgúns monstros en zonas desta Europa actual. Esperanzadora a presenza decisiva de organizacións transformadoras no mapa político conxunto.
Na casa as sensacións son claras, é o momento, non se trata só de arriba e abaixo; tamén se debate entre pasado e futuro e a modernidade sempre é invencible. O concepto de traballo na rúa estendeuse moito. A comunicación ampliou os seus recursos e os seus ámbitos de actuación; non entender isto é non entender a nosa sociedade e iso é algo que non nos podemos permitir. Xa sei que hai algo de inxusto niso que chamamos medios de masas pero, non nos enganemos, é unha inxustiza moi menor fronte a aquelas que nos fan optar polas nosas posicións e dedicarlles tantos esforzos. Parabéns e UNIDADE.

 

UNIDADE

Te puede interesar