Caixa de aforros de Ferrol

|

Houbo un tempo que esta comarca tivo unha banca pública para a súa cidadanía e as súas empresas. Desde 1902 ata a súa fusión coas caixas de Coruña e Lugo en 1978: “Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Ferrol”. Aquela caixa pública ferrolá foi un dos maiores motores de desenvolvemento que tivemos nunca. Unha vez nacida Caixa Galicia, o seu centro de decisión e a súa mirada principal foi sempre a cidade herculina e nós, subsidiarios. A Audiencia Nacional acaba de ditar unha sentenza que deixa en evidencia á Xunta de Galicia e ao presidente Feijóo. A fusión con Caixanova foi produto dunha operación para salvar á Caixa Galicia no 2011, cando –en todo caso– esta debera ser absorbida pola entidade viguesa. O certo é que, desde o ano 2005, o modelo de expansión e de xestión privada de Caixa Galicia quebrou un dos principais instrumentos financeiros. Agora é un banco que toma as súas decisións fóra de Galicia.

Caixa de aforros de Ferrol