lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Sobreactuación

Nótase que están moi cerca as novas eleccións xerais do dez de novembro. Feito que comeza a contaminar a política municipal, só así enténdese a sobreactuación de algúns no último pleno de fin de mes. Se non que expliquen porque despois de tanta quenda de palabra –na maioría dos casos innecesarias – despois de tanto enfrontamento, acaben votando case todo xuntos.

Antonte o presidente da Deputación acertaba cunha frase na reunións de alcaldes pola problemática de Endesa: “todos somos culpables”. Esa é a impresión que ten unha boa parte da cidadanía e máis cando as cartas están marcadas.

Cando menos no eido local débese resolver os problemas máis inmediatos da cidadanía, e a xente merece que deixen de xogar con eles ao escondite. Prevese uns tempos políticos movidiños. Recoméndolles un pouco de tranquilidade e que cada quen poña o mellor da súa parte. Ferrol necesita acordos e non pode seguir á espera.

Sobreactuación

Te puede interesar