SEN CARNÉ

Soubemos esta semana, sen preavisos, baixo a especie do ordeno e mando, que  a dirección xeral de tráfico decidiu que non podamos “quitar” o carné de conducir en Ferrolterra, que teñamos que gastar tempo e diñeiro en ir facer a proba teórica a Coruña. Din os herdeiros do berro de “Santiago y cierra España”, os do PP, que nos quitan este servizo para “centralizar” e porque aquí faise en papel e non de xeito telemático. Vaites para as razóns do 2015. Non poderá ser que Ferrol dispoña dunha oficina da dirección xeral de tráfico, como teñen todas as demais cidades galegas, onde realizar as probas? Coido que semella razonable esa demanda para mellor atender a unha poboación dunha área urbana de 150.000 habitantes, na que se realizan un milleiro de exames anuais. Tráfico ten que rectificar e a Xunta colaborar nese sentido e para  que gañemos para a veciñanza o servizo dunha oficina de tráfico en Ferrol. Temos dereito a ese servizo.
 

SEN CARNÉ

Te puede interesar