DOS DIVERSOS CAMIÑOS

Que todos os camiños conducen a Roma era algo sabido dende antigo. Tamén que ata Santiago chegan vías da prata, camiño francés, inglés, variante do Norte e ata rutas marítimas. Incluso houbo camiños poéticos, como o de Machado, ou do inesquecible cambadés Ramón Cabanillas. Sempre houbo camiños de primeira e de segunda división. E non tanto polos destinos que uniran, se non pola súa rendabilidade. Os humildes camiños fondos, iluminados tan só polas estrelas, poboados de croios e de medos, non podían competir cos de sona internacional, recollidos por todas as afamadas guías, e con sinais e carteis cada poucos pasos. Hai rutas para ver e ser vistos, como nos paseos marítimos de sona turística. Para deixar constancia do paso  polas pedras, que tantos personaxes recorreron. Será un paso máis no famoso e premeditado Plan 30 de Xuño, data na que di o PP que rematou definitivamente a crise? Unha vez que consideran o obxectivo acadado.

DOS DIVERSOS CAMIÑOS

Te puede interesar