Quen manda, manda

Entre as anécdotas con certa graza que almaceno ben gardadas na faltriqueira da memoria lembraba estes días unha –é obvio o porqué– do ano 1979, cando se inaugurou o tramo da autoestrada entre A Barcala e Santiago Norte. Un meu colega –grande e vello amigo que hoxe ocupa un tan digno como alto cargo académico–, porque a vía era cara –se cadra algo menos ca hoxe– e/ou porque era unha fendedura sobre o noso chan, decidira non usala. E así o fixo ata que un dos abundantes  días en que se desprazaba a Compostela multárono dúas veces por exceso de velocidade, á ida e máis á volta. Coacción, que se di, que a concesionaria quería uso e facer caixa. Daquela a hoxe, con diferentes concesionarias, o constante deterioro da vía en tódolos sentidos, chegou a extremos indignantes e nada se fixo. Nos últimos tempos, polas constantes protestas, Núñez Feijóo simula que lles berra, mais como a concesión é do Estado... Nestes últimos días a ministra Pastor ameaza con retirarlle a concesión a Audasa. Vai de farol porque, de ir en serio, sabe que caería ela antes de que iso acontecese.

 

Quen manda, manda

Te puede interesar