BANDEIRAS

Non coñezo si existía o costume entre as polis gregas da época clásica de ter bandeira ou cales puidesen ser as cores de Atenas, pero si sei quenes eran Sócrates ou Platón, Fidias ou Praxiteles e o que significou a súa sociedade para o avance do ser humano.
As miñas moitas dúbidas e poucas certezas non necesitan de cores que as representen pero a miña simpatía sempre estará con aquelas ensinas que traten de significar ideas de liberdade, de igualdade ou de xustiza. Atopei o meu fogar en demasiados sitios e “patria” converteuse nun termo o suficientemente abstracto para pechalo en algo tan concreto, pero o meu afecto para os emblemas dos pobos que se senten oprimidos ou para aqueles que buscan integración e non imposición.
Bandeiras… como di o arrepentido militar norteamericano Bradley Manning: “Non existe unha o suficientemente grande para cubrir a vergoña de matar xente inocente”. Non a guerra.

 

BANDEIRAS

Te puede interesar