SEN TI NON SON NADA

Que no Estado non é preciso goberno máis que para evitar que España se rompa quedou patente estes días cando Mariano Rajoy e Pedro Sánchez foron render contas a Bruxelas.Pedro aclaroulles que non pasa nada, que o problema son os nacionalistas pero que do resto xa ten todo listo. Terán que finxir un pouco máis nas negociacións con Pablo para que ninguén se sinta desprezado e andando. Mariano comentoulles que a el plin!, que lle obrigaron a renunciar e que o amañe Pedro que tan disposto se lle ve. Aínda así, notóuselle algo resentido cando o seu subconsciente confesou ante David (Cameron) o escuro desexo de novas eleccións, porque non entende porque se debe ir se fixo o que lle mandaron. A Mariano explicáronlle que agora lle toca a outros, que senón vai parecer que nada cambia e que non hai democracia e daquela si que a armamos. E a Pedro que espabile, que para unha cousa que ten que facer como é repartir a torta, nin eso da feito. Porque o que é gobernar, xa gobernan eles desde a UE.
 

SEN TI NON SON NADA

Te puede interesar