FERROL TEN DIGNIDADE

Outro maio
e os estaleiros
sen traballo.
Hasta tuvo el cuidado de sacudir con la mano la tierra que le quedó en las tripas”. Crónica de una muerte anunciada (Gabriel García Márquez). Gracias por tanto, MAESTRO…
Ferrol como sempre esquecido, sen traballo pero con dignidade. Como onte, tremen vermellas rosas nas roseiras expostas ao vento nordesío. Tremen tamén persoas de tódolos credos neste incerto retroceso,  presaxio de misterios.
Maltratadas, camiñan con tristura as almas, sombras de rúas mortas ou preagónicas e de edificios derruídos, de negocios que xa non son tal.
Pregan ao ceo e aos ministerios as pedras da historia da cidade, os estaleiros, os mercados de abastos. E os gobernantes expoñen nos escaparates da política, sordos, cegos e mudos modelos que non dan as medidas para os traxes de hoxe.
Tamén, doída de sentimentos, unha gaivota estremecida voa perdida entre castelos baixo excitante silueta dun furacán que desafía aos autores canallas, responsábeis dos males dun sofrido pobo, non se sabe por quen gobernado. Políticos (din) de corazón oco que trocan a comedia humana por vil e inhumano drama.
Unhas millas máis aló, á altura da Marola navega cara a Ferrol unha diminuta barca batuxando entre os salseiros cunha carga de esperanza, promesas, e os mariñeiros cansos de tanto remar.
Ogalla!, trouxera traballo digno e fartura, e un mínimo de respecto e de humanidade para un pobo que, gobernantes de onte e actuais, fixeron e fan verter bágoas de sangue.
Para que xustiza inxusta, corruptos a “tutiplen”, políticos de medio pelo que endeudan o país por moitas décadas, que menten con descaro, que dan mitins de parvulario, que non saben ou non queren facer política de Estado en Democracia?
Un goberno que, anque tendo maioría absoluta non conta cos cidadáns aos que debe gobernar, poida acabe practicando o absolutismo, posto que na práctica diaria está, só defende aos poderosos, espremendo ao máximo aos de sempre. Un goberno desta natureza non é goberno do pobo, por moito que se chamen populares.  
O goberno PP, está recortando ao máximo o estado de benestar, facendo unha política antisocial. Cóntanos mil e unha vez o da boa pipa, non baixan do sofá para comprobar os graves problemas da poboación, acatan as ordes da Merkel e da “niña de Rajoy”, e defenden con uñas e dentes os seus salarios en blanco e negro, os privilexios e prebendas (“la pela es la pela”) sen preocupárense, para nada, das persoas que pasan inxustas necesidades.
Fan da súa capa un saio facendo do país o seu patio privado de recreo e queren só xogar cos seus colegas, a sociedade burguesa non dando acceso ao proletariado, precisamente os que traballan e producen para eles vivir a corpo de señorío.
Oíndo as barbaridades das que falan algúns políticos (moitos), detectamos que non teñen “pajolera idea”. Non saben se están en Europa ou en Oceanía. Non saben que os seus erros poden ser mortíferos para o país.
Non saben/si saben, quen os seus bolsillos deben ser transparentes, que gobernar significa rectificar e non ser donos de ideas, proxectos, persoas e facendas.
Gran parte dos políticos do goberno e da oposición non coñecen as imperiosas necesidades dunha maioría de españois.
Poida que viaxen en autos con vidros opacos por dentro, en nubes supersónicas a grandes alturas ou en submarinos supernucleares a baixuras abismais. Poida.¡Recoméndolles camiñen de cando en vez a pé, viaxen en bici, en tractor, incluso en cabalería.
Que acompañen aos pescadores e aos mariñeiros, aos…, saian do despacho, falen co pobo. Non fai falla agardar ás eleccións.  
E será que pensan –eu non o creo–  que son seres superiores e nós pobo baixo, pleve, parvos que vivimos no limbo da Lúa. Se fose así, xa digo, eu non o creo, meus pobres superlativos vaidosos cando caian do pao do poleiro.
“Con el aire se incha el odre y con la vanidad el hombre” (Francisco Rodríguez Marín), dicía. No Cantón de Molíns, os cabalos da noite paraban a ollar as agoniantes flores murchas que liberaban ao ar o seu  derradeiro cheiro.

FERROL TEN DIGNIDADE

Te puede interesar