Sentidiño

|

omo xa levamos tempo aturando todo ese lío da independencia de Cataluña, coido que a xente do común xa comezamos a estar cansos de tantos xogos de palabras nese “diálogo si,  pero non”,  entre Goberno e Govern. Por exemplo, o “Golpe de Estado” faise contra un Estado, mais non se pode facer se non hai Estado. O do Govern podería ser un “golpe de estado” contra o Estado Español. O do Goberno Español sería un “golpe do Estado contra o Govern” Ademais, o intento do Govern de separarse de España, non é, en si mesmo, o recoñecemento implícito da unidade de Cataluña con España? No nome da Democracia, “eles” reclaman un dereito a decidir que lles negan aos demais. Porque esa separación non os afecta só a “eles”, senón que concirne tamén ao resto de cataláns e os demais españois. E xa que logo, no nome desa Democracia, non terán dereito a decidir todos os afectados? Pois que se vaian se queren, pero un pouco de sentidiño non viría mal, verdade? Paréceme a min, claro.
 

Sentidiño